O
blog terá como fin principal que os nenos e nenas xunto coa mestra vaiamos
colgando tanto as actividades que facemos como as aprendizaxes ou outros
descubrimentos que vaiamos realizando, para que pais e nais estean ó tanto do
día a día dos seus pequenos e pequenas. Así mesmo, estes poderán estar en
contacto coa mestra ademais de comentar todo tipo de material que se presente
no blog.
- O blog tería por nome aquel elixido en consenso polo alumnado.
- Como fondo do blog utilizaría unha foto do grupo clase.
- Incluiría nel enlaces de interese tanto para pais e nais como para o propio alumnado (acceso a xogos educativos, a cancións, contos, traductor de inglés, unha planificación mensual de actividades extraordinarias e saídas do colexio ...)
- Primeiramente fariamos unha presentación individualizada de cada neno e cada nena.
- E posteriormente, iríamos cada día colgando unha experiencia, un novo descubrimento, novos aprendizaxes, fotos das actividades realizadas …
No hay comentarios:
Publicar un comentario