jueves, abril 19, 2012

OS DEBUXOS ANIMADOS ( dende o correo)

"Os debuxos animados teñen o poder de tocar a mente dos nenos e nenas", por elo, pais, nais e docentes debemos ser conscientes de que expoñer ós pequenos e pequenas a certas series e debuxos pode ser dañino, e debemos saber que é de vital importancia falar con eles e presentarlles debuxos cunha perspectiva máis didáctica e educativa.

Ester Lombardía como autora invitada.

Aquí vos mostro un blog moi interesante no cal podemos encontrar diferentes tipos de materiais, como facelos e como empregalos. É moi útil para todo tipo de mestres/as, pero sobre todo para aqueles que teñan na aula un neno ou nena con necesidades educativas especiais.

http://blogdelosmaestrosdeaudicionylenguaje.blogspot.com.es/

miércoles, abril 18, 2012

VIDEO

DORA LA EXPLORADORA

Dora a exploradora é unha serie de debuxos animados para nenos e nenas en idade preescolar, cuxa protagonista da nome á serie. É unha nena de 7 anos, que xunto co seu amigo Botas (un mono) realiza en cada capítulo unha viaxe, na que se propón buscar algo que perdeu ou axudar ó seu amigo nalgunha misión.


Dende o meu punto de vista trátase dunha serie divertida e educativa na cal se ensina ós párvulos a recoñecer obxectos e a súa importancia na vida cotiá (a mochila, o mapa …), coñecer algo de vocabulario en inglés para espertar o interese por este idioma, aprender a superar as dificultades e pararse a pensar ante os problemas e aceptar a axuda dos demais … Dora fai todo dunha forma interactiva, de maneira que os nenos séntense como se tiveran xogando e participan activamente nas aventuras, aprendendo ao mesmo tempo que o pasan ben.

EDUBLOG


1. Que é un edublog e para que serve.
Un edublog (education + blog) é unha ferramenta online (competente e motivadora) que se utiliza para apoiar o proceso de ensinanza - aprendizaxe e que é utilizado tanto polo profesorado como polo alumnado.
Serve para a alfabetización dixital, o fomento do debate e as interaccións horizontais entre o alumnado e o profesorado, a construción da propia identidade, o impulso á lectura e á escritura, o desenvolvemento dunha aprendizaxe construtiva e unha maior capacidade crítica.

2. Que tipos de ferramentas ou programas podemos utilizar para a creación dun blog.
Blogger: ferramenta de interacción para docentes e alumnos.
Youtube: ferramenta de recollida e compartición de vídeos.
Bitácoras: ferramenta para o aloxamento de bitácoras, que ofrece a posibilidade de publicar imaxes e manter un archivo permanente, sen necesidade de liberar espazo periodicamente.
Vimeo: ferramenta para subir vídeos a internet con unha certa calidade.
Del.ici.us: ferramenta que permite manter a lista de favoritos no blogger.

3. Cales serían os usos dos blogs nunha pedagoxía constructivista.
Nesta pedagoxía o blog debe ser entendido como un medio persoal e propio do alumnado, podendo utilizalo de modo transversal ó longo da súa vida académica e non só dentro dunha materia determinada.
Poderá ser utilizado como medio e obxecto de coñecemento, para compoñer publicacións online e contextualizalas dentro do discurso dun blog, aumentar e mellorar a socialización entre profesores e alumnos nun espazo máis horizontal e informal ademais de permitir a interacción cos seus iguais, propiciar a construción dunha identidade propia, elaborar traballos colaborativos, etc.