"Os debuxos animados teñen o poder de tocar a mente dos nenos e nenas", por elo, pais, nais e docentes debemos ser conscientes de que expoñer ós pequenos e pequenas a certas series e debuxos pode ser dañino, e debemos saber que é de vital importancia falar con eles e presentarlles debuxos cunha perspectiva máis didáctica e educativa.
PROCESOS DE MELLORA E USO DAS TIC
Este blog foi creado para a asignatura de Procesos de mellora e uso das TIC, polo que tratará principalmente sobre temas relacionados con esta materia e coa infancia, a principal implicada na nosa formación.
jueves, abril 19, 2012
Ester Lombardía como autora invitada.
Aquí vos mostro un blog moi interesante no cal podemos encontrar diferentes tipos de materiais, como facelos e como empregalos. É moi útil para todo tipo de mestres/as, pero sobre todo para aqueles que teñan na aula un neno ou nena con necesidades educativas especiais.
http://blogdelosmaestrosdeaudicionylenguaje.blogspot.com.es/
http://blogdelosmaestrosdeaudicionylenguaje.blogspot.com.es/
miércoles, abril 18, 2012
DORA LA EXPLORADORA
Dende o meu punto de vista trátase dunha serie divertida e educativa na cal se ensina ós párvulos a recoñecer obxectos e a súa importancia na vida cotiá (a mochila, o mapa …), coñecer algo de vocabulario en inglés para espertar o interese por este idioma, aprender a superar as dificultades e pararse a pensar ante os problemas e aceptar a axuda dos demais … Dora fai todo dunha forma interactiva, de maneira que os nenos séntense como se tiveran xogando e participan activamente nas aventuras, aprendendo ao mesmo tempo que o pasan ben.
EDUBLOG
1. Que é un edublog e para
que serve.
Un
edublog (education + blog) é unha ferramenta online (competente e motivadora) que
se utiliza para apoiar o proceso de ensinanza - aprendizaxe e que é utilizado
tanto polo profesorado como polo alumnado.
Serve
para a alfabetización dixital, o fomento do debate e as interaccións
horizontais entre o alumnado e o profesorado, a construción da propia
identidade, o impulso á lectura e á escritura, o desenvolvemento dunha aprendizaxe
construtiva e unha maior capacidade crítica.
2. Que tipos de ferramentas
ou programas podemos utilizar para a creación dun blog.
Blogger:
ferramenta de interacción para docentes e alumnos.
Youtube:
ferramenta de recollida e compartición de vídeos.
Bitácoras:
ferramenta para o aloxamento de bitácoras, que ofrece a posibilidade de
publicar imaxes e manter un archivo permanente, sen necesidade de liberar
espazo periodicamente.
Vimeo:
ferramenta para subir vídeos a internet con unha certa calidade.
Del.ici.us:
ferramenta que permite manter a lista de favoritos no blogger.
3. Cales serían os usos dos blogs
nunha pedagoxía constructivista.
Nesta
pedagoxía o blog debe ser entendido como un medio persoal e propio do alumnado,
podendo utilizalo de modo transversal ó longo da súa vida académica e non só dentro
dunha materia determinada.
Poderá
ser utilizado como medio e obxecto de coñecemento, para compoñer publicacións
online e contextualizalas dentro do discurso dun blog, aumentar e mellorar a
socialización entre profesores e alumnos nun espazo máis horizontal e informal
ademais de permitir a interacción cos seus iguais, propiciar a construción
dunha identidade propia, elaborar traballos colaborativos, etc.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)